Os quinquilláns

Desde 1989 especializáronse no teatro de rúa e infantil. O seu primeiro espectáculo “Danza da meiga no campo da festa” como pasarrúas escenificado e en adiante as montaxes máis destacables: “Feira de Lixos” 1992, ”As Viaxes Fantásticas” 1994, “As Voces do Mar” 1996, “Irmandiños” 1998, “Gulliver” 2000,
“A Noite” 2001, “O circo das Máscaras” 2002, “Moby Dick” 2004 e finalmente “A Diáspora” 2005.

Unha traxectoria de teatro para todo tipo de públicos nos que se inclúen PASARRÚAS, TEATROS, MONTAXES INFANTÍS,TEATRO DE RÚA PARA ADULTOS, INAUGURACIÓNS, FESTIVIDADES HISTÓRICAS, MOSTRAS E FEIRAS DE TEATRO, FESTIVAIS, CABALGATAS, ENTROIDOS, FESTAS TRADICIONAIS, FEIRAS DO LIBRO, FEIRAS MEDIEVAIS, COLEXIOS ...