Moby dick






Sinopse

O  capitán AHAB vai partir no  baleeiro "Pequod" . O VIXÍA, O ARPONEIRO QUEEQUEG, ISMAEL, aínda rapaz,  e o COCIÑEIRO botan o barco con ledicia agardando volver ricos coa caza de moitas baleas, pero ningún deles sospeita que o único obxectivo de AHAB é traer en cachos a Moby Dick,a xigantesca  balea branca  que lle arrincou unha perna. A viaxe depáralles moitas sorpresas, unha terrible tempestade, falla de auga,   loitas polo control do barco e a loita final contra a máis grande das baleas. Mentres, no profundo mar, A SEREA trata de que non se produza a pelexa,           O CABALIÑO DE MAR  axúdaa no seu propósito pero O CARANGUEXO desexa que  a loita acabe con AHAB . Cando O VIXÍA dá o sinal e avista a Moby Dick , os acontecementos sucéndense con tal rapidez que só a memoria pode rescatalos.